• Cart
    0
    • No hay productos en el carrito.

CUARTA XUSTA

CUARTA XUSTA

Somos Marta, Lúa, Alberto, Alba e Aida e gústanos berrar con música as inxustizas que nos rodean.

Durante o 2016, a banda actuou en diversos eventos e lugares como poden ser o I Oktoberfest de Melide ou o concerto no IV Campamento Musical de Agolada. Xa a finais deste mesmo ano prodúcese outro gran cambio a nivel instrumental coa introdución de baixo e cambiando as guitarras acústicas polas eléctricas. No 2017 a banda segue a súa andaina musical participando en festivais como o Kurrala Rock, así como dando concertos varios e compartindo escenario con outros grupos do panorama galego como Superoito ou Zënzar, cuxo vocalista interpretou un tema con Cuarta Xusta no Festival Presume de Galego. A finais deste mesmo ano comeza a preparación para a gravación do seu primeiro traballo discográfico Un novo espertar, a cal se levou a cabo durante o mes de xaneiro do 2018 en Arzúa por Paco Cerdeira. Este foi presentado o 10 de marzo e inclúe oito temas propios que seguen unha marcada liña social e conta con grandes colaboracións do eido musical galego.
5€

La Fábrica de Chocolate Club

Ir al contenido