• Cart
    0
    • No hay productos en el carrito.

A BANDA DA LOBA

ANTICIPADA: 6€   TAQUILLA: 8€     Puntos de venta: Elepe, eventbrite.es

Despois do éxito acadado co seu primeiro disco, Bailando as rúas, A banda da Loba presenta o seu segundo traballo, Fábrica de luz, composto por doce cancións que prometen non deixar a ninguén indiferente.

Fábrica de luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.

A banda da Loba é música con M de muller, diversidade, enerxía e música caleidoscópica que bebe de tódalas fontes totalmente libre de complexos. Os seus directos son adrenalina, compromiso e diversión a partes iguais.

Únete á fabricación!

6€/8€

La Fábrica de Chocolate Club

Ir al contenido