• Cart
    0
    • No hay productos en el carrito.

Cabaret Swing

 

O Cabaret Swing é, basicamente, unha festa swing. Soarán temazos súper bailables dos anos 30, 40 e 50, e poderás botar uns bailes, tomar algo, escoitar musicote… e de cando en vez… boom!! Unhas actuacións flash

Música, monólogos, baile, concursos, performance, maxia, impro, teatro, clown… calquera cousa que se che ocurra pode ter cabida.

Calquera persoa pode participar, sexa alumna de Swing On ou non.

É amistoso e non competitivo, non haberá premio ao mellor, nin ao peor, así que adiante coa túa idea!!

E se non queres presentar unha actuación, tamén podes vir a bailar e desfrutar dos shows! Teremos as entradas dispoñibles en Swing On a partir do 9 de xaneiro e tamén na porta o mesmo día do evento. Aberto a todo o mundo.

3€
Ir al contenido