• Cart
    0
    • No hay productos en el carrito.

Deleiba + Acouga

Deleiba refúxiase no mar con “Viento del Norte”, o seu novo sinxelo
A banda muradana de rock presenta o seu traballo máis íntimo e máis elaborado da
man do produtor das Tanxugueiras Iago Pico e do director Daniel Pérez.
“¿El don de no tener y querer?, ¿el ser o no ser?”. Deleiba busca respostas a estas preguntas no
reflexo do mar. Un mar cheo de beleza, de vitorias, de fracasos e, tamén, de perdas. Unha aposta
sincera á par que arriscada, na que a banda afástase da súa zona de confort.
O quinteto afincado en Boavista (Muros) expande o seu espectro musical cunha peza máis pausada.
Ás raíces punk-rock da banda únese a sensibilidade do rock alternativo e progresivo, acompañado
da crudeza do post-hardcore nas pasaxes máis intensas. Unha vestidura perfecta para cubrir os
versos máis intimistas xamais compartidos polos muradáns. Toda unha declaración de intencións,
cociñada a lume lento nos estudos Pouland de Iago Pico, músico e produtor das Tanxugueiras, que
tamén ten traballado con artistas da talla de Rayden ou os mítico rockeiros galegos Nao.
Os músicos non quixeron perder a ocasión de reflectir en imaxes esta onda de sentimentos. O
videoclip, dirixido por Daniel Pérez (artífice de Erguerse, anterior aposta audiovisual do grupo),
mostra a crudeza do traballo no mar e o refuxio no cotián como vía para evadirse dos pesadelos e
dos soños sen cumprir. Unha curta liberadora, de vangarda, de impecable factura técnica e fiel á
realidade de vilas costeiras como a de Boiro ou Rianxo, onde foi filmado.
Nova música para asaltar grandes eventos coma o Resurrection Fest
A aposta non remata aquí. Deleiba atópase compoñendo e gravando en estudo as cancións que
conformarán o seu novo longa duración. Este sinxelo serve, ademais, como antesala á nova xira do
grupo. Comezará en salas no mes de abril e estenderase ao longo do verán por citas de renome
coma o Resurrection Fest de Viveiro.

 

Pola súa parte Deleiba nos conta:

“Somos un grupo de Pazos de Borbén de recente creación. Argallado dende
2017, botamos a andar con forza neste 2022, estrenando dous temas, ‘Novo
Paradigma’ e ‘Que foi?’. Gravamos de xeito express para o Festigal un tema
acústico ao noso estilo, en cru sen masterización nin edición, ‘Corta o baleiro’.
O noso estilo musical é unha mestura enerxética de pop-punk, hardcore, metal
e liñas melódicas con influencias pop. Compoñemos só en galego.”

Ir al contenido