• Cart
    0
    • No hay productos en el carrito.

Fiesta Swing

Festa con Marta Mera e Martín Rigz Group

Cun repertorio moi ben escollido, demostran unha grande sensibilidade á hora de interpretar temazos swing, e encher a música de swing que, de verdade, permanecer moito tempo sen bailar é bastante imposible.

Martín Rigz que estudou jazz no Superior de Jazz de Mayeusis, é un músico profesional que vai con todo, pon a súa alma no que fai, no que compón e no que interpreta. Nesta ocasión lidera o combo xunto á cantante de jazz Marta Mera, muller cunha voz chea de luz, que pouco a pouco está dando que falar no mundillo do jazz galego polo seu talento.

Xunto a Marta e Martín, marabilla de sección rítmica a cargo de Juan Alonso (contrabaixo) e Juan Guerrero (batería). Ambos son alumnos do Superior de Jazz de Mayeusis, e membros -xunto a Marta e Martín- da Imagine Jazz Orchestra liderada por Joan Chamorro, ademais de ter outros proxectos entre mans cos que se van abrindo paso na escena galega do jazz.

15€
Ir al contenido