• Cart
    0
    • No hay productos en el carrito.

Lontreira

Lontreira, é un dúo formado por Adri Coyote (Illa de Arousa, 2000) e Héctor Rodríguez, Rocte (Moaña, 2000).

Baixo o título de Apnea, Lontreira compilan nove cancións con referencias e evocacións musicais moi diversas e cinco poemas de profundo e sentido naturalismo emocional, escritos e recitados sobre bases electrónicas pola propia Adri Coyote.

A proposta de Lontreira susténtase no musical sobre dous pés: unha electrónica que toma moitos préstamos dos 80 e os ritmos latinoamericanos máis bailables (bachata, cumbia, merengue). Aínda que, sobre todo nas cancións de máis recente composición, asoman tamén sutís referencias ao tradicional galego.

«O disco conta unha historia sobre alguén que atravesa os problemas comúns da vida, pero relacionándoos cos elementos naturais que vai vendo no seu camiño».

Ir al contenido