• Cart
    0
    • No hay productos en el carrito.

PAULIÑA

ENTRADA 6€

PAULIÑA; unha voz xa de sobra coñecida dentro do panorama musical galego pola suas colaboracións con grandes nomes do rock como Vituco Neira, NAO, etc., que agora chega para presentarnos o seu primeiro traballo en solitario, que leva por nome: Para este proxecto, Pauliña, rodeouse dunha gran banda formada por músicos con máis de 20 anos de experiencia enrriba das táboas, e que levan moitos concertos as súas costas : * Iago Jorge: Batería * Lolo Arincón: Baixo * Francisco Montoto: Teclados * Julián Gullón: Guitarra Con un directo potente e demoledor, onde mesturan o country ca música rock e blues, non deixan a ninguén indiferente, e as críticas recibidas deste primeriro traballo por parte do público e dos medios especializados así o demostran.

Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada…, non deixa indiferente a ninguén. Pauliña comezou na súa terra natal, Cambados. Encantáballe compoñer, escribir o que sentía e aínda así cos poucos acordes que sabía amarrou a guitarra ao lombo e lanzouse a percorrer locais do seu entorno da bisbarra para expresar ca música o que acontecía na súa vida, provocando ao público sentirse identificado con moitas destas letras. Moi nova, trocou por impulso esa terriña das Rías Baixas por outra costa diferente, a de Inglaterra concretamente Eastbourne. Alí, como non podía ser doutro xeito a música acompañouna, tamén a tristura, a morriña de abandoar Galiza, a capacidade de buscarse a vida e a nova paisaxe mesturaron nela unha morea de emocións. Cando considerou que a súa experiencia vital en Inglaterra rematara, fixo de novo as maletas e voltou pra Galiza, pero desta vez non pra o seu coñecido Cambados, senón, que ambiciosa, propúxose afincar uns anos en Compostela. Inqueda como é ela, enseguida se fixo un oco no circuito musical que da vida a cidade, ese foco de efervescencia ,que ela foi quen de aproveitar pra subirse a escearios, tanto sóa como acompañada. Con nomes como os de Vituco Neira (RuxeRuxe), Fosi (DeLombaos), ou Zënzar. As redes sociaies comezaban a seguila cando a banda de rock-metal NAO albiscou nela pra unha colaboración no seu disco “Cartas no caderno” e tendéronlle a man subíndoa a escearios de grandes festivals dándose a coñecer. A carreira desta voz comezaba imparable, pero a súa vida era complexa pra poder adicarse por completo a música. De Compostela por motivos laborais e sen descanso, púxo rumbo a Ourense (terra de afiadores, grandes compositores e licor café), alí acolléronna coma se de unha filla se tratase. Foi unha época dura, de cambios continuos de encontronazos internos contra ela mesma, e de toma de decisións, tales como o lanzamento deste primeiro disco tan cheo de paixón, sentimento, vivenzas, sinceridade e dor. Foi aquí cando a discográfica Xonix Records concédelle a firma dun contrato pra sacar adiante este novo traballo que leva o nome de “De-Xeneración” , pra chegar a máis oídos, a máis puntos da Galiza que aínda non pisou. Unha voz característica, nada que ver ca súa imaxe impoñente da que falábamos, pero cargada de carraxe, de forza, de pasos hacia adiante. Actualmente reside en Vigo, e ca chegada do verán poderemos desfrutar desa mestura country, folk, blues, pop, soul que tanto a marcou dende pequena.

6€

La Fábrica de Chocolate Club

Ir al contenido