Seso Duran en Concerto

Ascensión marca o inicio dunha nova etapa na que Durán explora temáGcas máis achegadas á actualidade.
A través dos dez cortes do álbum, o arGsta nos adentra na sonoridade do pop-rock en galego con
letras compromeGdas que falan de todo o que -como profesor, compositor e historiador- lle trae
de cabeza: a violencia de xénero, a soedade nun mundo hiperconectado, o estrés da vida dixital, o
amor incondicional, a indenGdade galega, a crise ecolóxica… O Mtulo do álbum xorde dunha
reflexión moi persoal: “Ser humano, simplemente humano, é aburridísimo, dalgunha maneira
precisamos elevarnos: pirámides, rañaceos, relixións, récords deporGvos, followers… Non abonda o
de chegar a ser quen es, queremos máis; transcender, expandirnos. E todo porque sabemos que
non imos durar, nin nós nin nada do que fagamos. Esa contradición fenomenal é a que, aos meus
ollos, reflicte a portada do disco”.

Fábrica de Chocolate Club